LorePath
  • Browse
  • ·FAQ
Back to Results

Magical Tome

Cover of O camiño da Estadea
First published
2016
Pages
186 pages
ISBN
9788491210924

O camiño da Estadea

by Ramón Caride

About this book

Product Description Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento global ao que iría moita xente famosa de diferentes ámbitos. Todo o que pasou logo foi algo raro, que non era o esperado nin remotamente, para unha viaxe de lecer, algo que non lles cadraba e que os obrigará a comprometerse e asumir riscos. O camiño da Estadea é a aventura final de Sheila e Said, culminando a serie futurista de temática ecolóxica iniciada hai dúas décadas con Perigo vexetal, unha saga que xa ten catro entregas anteriores publicadas na colección Merlín de Xerais. About the Author Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario "Paisaxe de verde chuvia" (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como "Soños eléctricos" (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; "Sarou" (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio "Sarou / Louzós" (Xerais, 2012); "O frío azul" (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); "O sangue dos camiños" (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos "Flash-Black 13" (2014), "Exogamia 0.3" (Xerais, 2011), "Endogamia 0.2" (Xerais, 2013), Singamia 1.1 (Xeraos, 2019), "Dedre" (Xerais, 2004) ou "Liquidación de existencias" (Xerais 2016). O volume antolóxico "As máscaras de Cronos" (Xerais, 2006), "A chuvia humana" (2011), e "Criptografías" (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: "Perigo Vexetal" (Premio Merlín 1995), "Ameaza na Antártida" (1997), "O futuro roubado" (1999), "A negrura do mar" (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e "O camiño da Estadea" (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, "Andanzas de Xan Farrapeiro" (2009), "A pomba dona Paz" (2012), "Catro amigos pillabáns" (2012), "O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas" (2013), "As viaxes de Ruki" (2014) e "Sara ten un segredo" (2018).

Match Score

Create a free account to see Match Scores on books the community has marked — once you’ve set your preferences.

Create free account

Marks of the Realm

Marks left by readers of this tome

No community marks yet — be the first to inscribe this tome.

Pacing

—out of 5

Horror / Dark Elements

—out of 5

Romance

—out of 5

Spice Level

—out of 5

LGBTQ+ Representation

—out of 5

Social & Political Themes in Stories

—out of 5

Inscribe Your Rating

Mark this tome across each content category

Create a free account to save your marks across the realm, strengthen community ratings, and see Match Scores on books the community has marked.

Import your Goodreads list after signup.

Create free account

Already a traveler? Sign in