LorePath
  • Browse
  • ·FAQ
Back to Results

Magical Tome

Cover of Retorno aos clásicos
First published
2015
Pages
572 pages
ISBN
9788499149462

Retorno aos clásicos

by Red Temática de Investigación "LIJMI"

About this book

Product Description Os membros da Red Temática de Investigación " Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano " (LIJMI), achegan un novo volume cargado de ensaios, destinados aos profesionais da mediación entre o libro e a lectura co fin de orientalos nas súas recomendacións lectoras cara á formación literaria. Retorno aos clásicos propón seleccións de obras así consideradas, tanto da Literatura Infantil e Xuvenil universal coma das respectivas literaturas que conforman esta rede de investigación. As relacións de obras incluídas son o resultado da aplicación de criterios comúns, entre eles, a calidade literaria e a permanencia e repercusión na Historia da Literatura Infantil e Xuvenil, ademais do propósito de delimitar un posíbel canon de obras de LIX nos diferentes ámbitos que se contemplan. About the Author " Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano " (LIJMI) Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/ Isabel Soto comezou o seu labor profesional como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría da literatura. Alén da súa actividade como crítica literaria en diferentes medios, foi secretaria de " Golfiño " e GÁLIX, colaborou na " Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega " (Xerais, 2015) e editou os ensaios de Agustín Fernández Paz nos volumes " O rastro que deixamos " (Xerais, 2012) e " Un mundo de palabras " (Xerais, 2017). Na actualidade, dedícase sobre todo á tradución -en ocasións, canda Xavier Senín-, á edición e á divulgación da LIX. É coautora do libro " María Victoria Moreno. Sementadora de futuro " (Xerais 2018).

Match Score

Create a free account to see Match Scores on books the community has marked — once you’ve set your preferences.

Create free account

Marks of the Realm

Marks left by readers of this tome

No community marks yet — be the first to inscribe this tome.

Pacing

—out of 5

Horror / Dark Elements

—out of 5

Romance

—out of 5

Spice Level

—out of 5

LGBTQ+ Representation

—out of 5

Social & Political Themes in Stories

—out of 5

Inscribe Your Rating

Mark this tome across each content category

Create a free account to save your marks across the realm, strengthen community ratings, and see Match Scores on books the community has marked.

Import your Goodreads list after signup.

Create free account

Already a traveler? Sign in