LorePath
  • Browse
  • ·FAQ
Back to Results

Magical Tome

Cover of Sarou Louzós
First published
2012
Pages
184 pages
ISBN
9788499144009

Sarou Louzós

by Ramón Caride

About this book

Product Description Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos -Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central-, con historias do máis escuro e violento realismo, rescatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo. Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro; en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día; e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soidade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio». About the Author Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario "Paisaxe de verde chuvia" (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como "Soños eléctricos" (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; "Sarou" (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio "Sarou / Louzós" (Xerais, 2012); "O frío azul" (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); "O sangue dos camiños" (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; ou os libros de relatos "Flash-Black 13" (2014), "Exogamia 0.3" (Xerais, 2011), "Endogamia 0.2" (Xerais, 2013), Singamia 1.1 (Xeraos, 2019), "Dedre" (Xerais, 2004) ou "Liquidación de existencias" (Xerais 2016). O volume antolóxico "As máscaras de Cronos" (Xerais, 2006), "A chuvia humana" (2011), e "Criptografías" (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: "Perigo Vexetal" (Premio Merlín 1995), "Ameaza na Antártida" (1997), "O futuro roubado" (1999), "A negrura do mar" (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e "O camiño da Estadea" (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil publicou en Xerais, "Andanzas de Xan Farrapeiro" (2009), "A pomba dona Paz" (2012), "Catro amigos pillabáns" (2012), "O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas" (2013), "As viaxes de Ruki" (2014) e "Sara ten un segredo" (2018).

Match Score

Create a free account to see Match Scores on books the community has marked — once you’ve set your preferences.

Create free account

Marks of the Realm

Marks left by readers of this tome

No community marks yet — be the first to inscribe this tome.

Pacing

—out of 5

Horror / Dark Elements

—out of 5

Romance

—out of 5

Spice Level

—out of 5

LGBTQ+ Representation

—out of 5

Social & Political Themes in Stories

—out of 5

Inscribe Your Rating

Mark this tome across each content category

Create a free account to save your marks across the realm, strengthen community ratings, and see Match Scores on books the community has marked.

Import your Goodreads list after signup.

Create free account

Already a traveler? Sign in